EDUCACIÓN

Comeza o cuarto ciclo de concertos didácticos da Escola Municipal de Música

10/03/2014 A Escola Municipal de Música pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, un novo ciclo de concertos didácticos co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos na rede de centros educativos de Compostela.

O martes 11 de marzo a Escola Municipal de Música de Santiago celebrará un concerto didáctico no Teatro Principal ás 11 horas, que terá como destinatario o alumnado de diversos centros educativos de Santiago:

CEIP López Ferreiro
Colexio Compañía de María
Colexio A Inmaculada
CEIP de Vite
Colexio Santa Apolonia
Colexio Divino Maestro

Este concerto será interpretado por un trío composto por:

Arpa, Bleuenn Le Friec
Viola, Sara E. Olianas
Contralto, Nuria Lorenzo

Esta formación musical, logo de varios meses de traballo preparou, tomando como guión narrativo o libro gañador do VI Premio Internacional de Albums Ilustrados "Compostela" que leva por título Mamá, un concerto que inclúe diferentes cantos de berce tradicionais do mundo.

Con esta nova proposta musical, este curso escolar vai ter unha atención especial ao traballo de sensibilización musical dirixido ás familias e aos diferentes profesionais que traballan na etapa educativa de 0 a 6 anos, conscientes da importancia que para a educación dos cidadáns máis novos ten a aproximación ao mundo dos sons. Neste senso, o próximo xoves 13 de marzo , terá lugar unha sesión formativa (de 18h a 20:30h), na Escola Municipal de Música de Santiago dirixida a todos os profesionais desta etapa educativa.

Compartir: