ALCALDIA

O alcalde asiste á presentación dun libro sobre o emprendemento

06/03/2014 O acto tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos e contou coa presenza de numeros público interesado na materia.

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Hostal de los Reyes Católicos á presentación do libro "¿Puedo montar mi propia empresa?Ellos lo consiguieron", patrocinado pola Fundación AXA.

O libro conta a experiencia persoal daqueles que non se resignan, dos que son capaces de sobrevivir á crise grazas ao seu traballo, esforzo e innovación. Como dixo Jean-Paul Rignault, presidente da Fundación AXA e conselleiro delegado de AXA España, o pasado 25 de novembro, durante a primeira presentación do libro: "os emprendedores son o motor que necesita España para saír da crise. E a gasolina témoslla que proporcionar o resto de axentes sociais: os gobernos coas axudas e o apoio á súa actividade, as familias co consumo, os bancos co financiamento (...). Era necesario dedicar un libro a algúns dos heroes da crise", aos emprendedores, "persoas valentes e ambiciosas capaces de crear cando todo parece afundido.

Compartir: