CENTROS SOCIOCULTURAIS

As fotografías do III Certame Ruth Matilda Andeson poden verse no CSC de Vite ata o 28 de marzo

06/03/2014 O Centro Sociocultural de Vite acolle desde o 5 ata o 28 de marzo as 25 fotografías do III Certame fotográfico "Ruth Matilda Anderson", organizado pola Universidade de Santiago.

A exposición forma parte das actividades do festival de ambito nacional Miradas de Mujeres, que busca visibilidade e recoñecemento ao traballo das mulleres artistas. O Centro sociocultural de Vite é unha das 308 sedes institucionais que acolle exposicións artísticas no marco deste festival.

A proposta expositiva, promovida pola Vicereitoría de Responsabilidade Social e Calidade da Universidade de Santiago de Compostela, coincide tamén coa celebración dos actos vencellados á data do 8 de marzo, e ten como obxectivo sacar á luz o labor que desenvolven as mulleres na sociedade e que historicamente se viu invisibilizado, así como deconstruír os estereotipos de xénero acerca dos traballos que son propios de mulleres e os que son de homes.

Esta exposición aparece no catálogo do Festival Miradas de Mujeres, na paxina 239:

http://issuu.com/acdosactividadcontemporanea/docs/iii_festival_miradas_mujeres

http://festivalmiradasdemujeres.es/

O xoves 6 de marzo ás 19h o concelleiro delegado de centro socioculturais, Francisco Noya, inaugura esta exposición no Centro Sociocultural de Vite xunto coa vicereitora de Responsabilidade Social e Calidade da Universidade de Santiago, Dna. Benita Silva Hermo.

Documentos relacionados



Compartir: