XUVENTUDE

Continúa aberto o prazo para inscribirse na actividade de turismo activo e deporte de Pena Aventura

10/03/2014 A Concellería de Xuventude do Concello de Santiago organiza unha actividade de turismo activo e de deporte de aventura pensado especialmente para a xuventude da cidade. O prazo de preinscrición estará aberto ata o 31 de marzo.

A actividade realizarase entre o 14 e o 16 de abril nas instalacións do Parque Pena Aventura en Portugal. Está destinada a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados en Santiago, aínda que en caso de quedar prazas vacantes atenderanse outras solicitudes. Ofértanse un total de 40 prazas.

O prezo é de 45€, incluíndo monitoraxe, desprazamento, actividades e pensión completa. Xa está aberto o plazo de preincrición que se manterá hasta o día 31 de marzo. Esta farase entregando unha ficha cuberta no rexistro municipal. Entre as actividades a realizar destacan: painball, salto negativo, minigolf, escalada, tirolina, tiro con arco, rafting, etc.

O deporte de aventura é unha nova forma de ocio que pon á persoa en contacto directo coa naturaza. Con esta actividade preténdese constituír unha iniciativa de ocio alternativo, fomentar a práctica deportiva e a adquisición de hábitos saudables, crear un punto de encontro no que compartir intereses comúns e promover a información, concienciación e sensibilización da poboación sobre o medio natural.

Para máis información poden chamar ao 981 543 001, ou en dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

Documentos relacionados



Compartir: