DEPORTES

Santiago acolle o Campionato de España de Patinaxe de Grupos Show

01/03/2014 Santiago de Compostela acolle este fin de semana o Campionato de España de Patinaxe de Grupos Show, organizado polo Club Deportivo Fontiñas en colaboración co Concello de Santiago. O evento, que se desenvolve no Multiúsos Fontes do Sar, foi inaugurado polo alcalde compostelán, Ángel Currás.

Máis de 600 patinadores participan neste campionato, ao que asisten máis de 40 clubs de toda España. O primeiro día de competición patinaron 21 equipos de grupos show pequenos e, o domingo farano 20 equipos de grupos show grandes.

Nesta proba compiten os mellores equipos do país, incluíndo os campións de Europa e do Mundo. As clasificacións obtidas neste campionato servirán para conseguir praza para o campionato europeo do próximo ano que terá lugar en Amsterdam.

Compartir: