PLENO
A unha pregunta do grupo municipal nacionalista e en presenza dunha representación dos afectados, o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, explicou que o prego de condicións mediante o que se licitará de novo o servizo de cafetería da estación de autobuses incluirá a obrigatoriedade de subrogación dos actuais traballadores.
O prego de condicións para a adxudicación da cafetería da estación de autobuses incluirá a subrogación dos traballadores
27/02/2014 O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de febreiro, aprobou por unanimidade unha declaración institucional con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo.
Outro dos acordos adoptados por unanimidade foi a aprobación da modificación puntual do catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), corrixindo un erro nunha ficha relativas ao conxunto en Casal da Horta e incorporando ao catálogo dous elementos: Pazo do Lermo e Pombal do Lermo.A unha pregunta do grupo municipal nacionalista e en presenza dunha representación dos afectados, o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, explicou que o prego de condicións mediante o que se licitará de novo o servizo de cafetería da estación de autobuses incluirá a obrigatoriedade de subrogación dos actuais traballadores.