EMPREGO

O Concello asina un convenio de colaboración en materia de emprego coa empresa certificadora EQA

27/02/2014 Asinouse en Raxoi un convenio de colaboración en materia de emprego entre o Concello de Santiago e EQA. O acto contou coa presenza de Reyes Leis, Primeira tenente de Alcalde e concelleira da Área de Economía e Emprego, e Ignacio Martínez, director de EQA.

O obxectivo deste convenio en materia de emprego é promover a inserción laboral dos desempregados do municipio. En virtude do acordo, EQA fomentará diversos procesos de selección que redundarán na creación de emprego, coa colaboración da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago.

Compartir: