CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Cita en Santa Marta con "Imos ao baile"

19/02/2014 O sábado 22 de febreiro, a partir das 17:30 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida pola Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais.

Amenizará a sesión o grupo Glamour. A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do salón do centro.

A seguinte cita, o sábado 1 de marzo, ás 17:00 horas, será na Casa das Asociacións de Cornes(Rúa Manuel Beiras, 3), coa participación do grupo Solymar.

Compartir: