DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ademais, debateuse sobre os deseños propostos para a creación de novas zonas verdes e de parques e xardíns. Tamén se analizaron os beneficios da vexetación nas zonas urbanas e os aportes ao benestar que esta vexetación provoca na cidadanía. Na última xornada realizaranse dúas visitas de estudio.
Conferencia Final do Proxecto Parkatlantic
18/02/2014 A concelleira de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo, asiste xunto co xefe de Biodiversidade e membros do Comité de Pilotaxe do Proxecto Europeo Parkatlantic á Conferencia Final que se celebra en Angers (Francia) os días 17 e 18 de febreiro.
Na sesión de hoxe, os relatores e participantes puideron coñecer de primeira man as reflexións sobre os ecosistemas en zonas urbanas e a súa avaliación, así como as conclusións do estudo do valor ecosistémico dos parques das cidades que participan no Proxecto, entre elas Santiago de Compostela.Ademais, debateuse sobre os deseños propostos para a creación de novas zonas verdes e de parques e xardíns. Tamén se analizaron os beneficios da vexetación nas zonas urbanas e os aportes ao benestar que esta vexetación provoca na cidadanía. Na última xornada realizaranse dúas visitas de estudio.