ALCALDÍA

O alcalde participou en Tui nunha xornada sobre o Camiño Portugués

15/02/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou en Tui nunha xornada sobre o Camiño Portugués a Santiago de Compostela, organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, a Eurocidade Tui-Valença e a Axencia Turismo de Galicia.

O obxectivo deste encontro era potenciar o desenvolvemento do Camiño Portugués e valorar as oportunidades de dinamización dos recursos patrimoniais e turísticos da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal que o camiño ofrece. O programa da xornada abrangueu mesas redondas de debate e a presentación do libro de actas do IV Encontro sobre os Camiños Portugueses a Santiago.

Compartir: