CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

14/02/2014 Este sábado 15 de febreiro, a partir das 17:30 horas, o Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño, acolle unha nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas concellerías de Centros Socioculturais e de Relacións Veciñais.

Amenizará a sesión o grupo Glamour. A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do salón do centro.

A seguinte cita será o sábado 22 de febreiro no CSC de Santa Marta, tamén co grupo Glamour.

Compartir: