FESTAS

Luar na Lubre cautivou de novo ao público compostelán

22/07/2006 As xentes que pouco a pouco foron enchendo a Praza da Quintana gozaron una ano máis dos sons de Luar na Lubre. A formación coruñesa non defraudou e veciños e visitantes acompañaron con palmas e voces unha actuación que inundou de ritmos cómplices a noite compostelán.

Luar na Lubre ofreceu un percorrido polos temas máis coñecidos do grupo, ademais de polos do seu último traballo, "Saudade". Este disco está dedicado á emigración e ao exilio galego en Latinoamérica. Non faltaron as explicacións ao longo de todo o concerto do porqué de cada unha destas pezas.

Trala actuación dos coruñeses tocoulle o turno ao grupo Bumba, no que conflúen as músicas ventureiras e asilvestradas de Narf e Timbila Muzimba. Ámbalas formacións representaron no escenario o encontro entre a cultura galega e a de Mozambique.

Compartir: