CULTURA

Luma Gómez ofrece de novo "A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)" dentro do ciclo Falabaratos

07/02/2014 Luma Gómez presenta de novo, tras a función do sábado pasado, o monólogo A tixola polo mango (Muller, non é para tanto) dentro do ciclo Falabaratos. Dirixida por Eduardo Alonso, estará este sábado 8 de febreiro, a partir das 20:00 horas, na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta). As entradas, a 6 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou o mesmo día do evento no CSC Santa Marta dende as 18:00 horas.

A tixola polo mango (Muller, non é para tanto) é un monólogo gastronómico de consecuencias imprevisibles no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai.

Compartir: