COMERCIO

O luns 10 de febreiro, nova xornada de portas abertas na pista de xeo da Alameda

07/02/2014 O luns 10 de febreiro terá lugar a terceira xornada de portas abertas na pista de xeo instalada na Alameda, tras as celebradas o luns 2 e o martes 4. O recinto estará dispoñible de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

Á marxe destas xornadas de balde, cómpre lembrar que a pista de xeo instalada na Alameda continuará aberta ata o domingo 16 de febreiro. O prezo das entradas oscila entre os 4 euros da entrada para escolares ata os 10 euros da entrada xeral con patíns e sen límite de tempo. Os asistentes contan tamén con promocións coma a cartilla "Aquí tes 10 € para patinar", con descontos para os que máis patinen, e o bono "Non fagas colas" con 4 entradas sen límite de tempo e sen facer cola por 30 €.

Tamén hai un "Bono Familiar" que inclúe dúas entradas para adultos a 6,50 por persoa e pases a 4,50 para os máis cativos.

Reservas para visitas de centros escolares e grupos: teléfonos 881 897 790 e 699 811 705 e reservas@invernalia.com.

Compartir: