CENTROS SOCIOCULTURAIS
A exposición estivo xa en febreiro de 2013 no Pazo de Fonseca e, con este percorrido por seis dos centros socioculturais de Santiago, pretende achegarse aos barrios, lembrando unha vez máis a historia da cidade a través desta interesante mostra fotográfica composta por 28 paneis, un documento audiovisual e un libro-catálogo. Neste último inclúense, ademais das fotografías da exposición, textos sobre a cidade de autores como Salvador García-Bodaño, Xerardo Estévez, Anxo Tarrío, Encarna Otero, J.M. González Herrán, Manuel Fraga Carou e Xosé Ramón Pousa, entre outros.
Os paneis fotográficos están agrupados en oito temas diferenciados: Compostela pedra a pedra; Universidade; Igrexa e Camiño de Santiago; Oficios, obradoiros e actividade comercial; Fotografías de autor; A sociedade compostelá; Deportes; e Festas e romarías.
Logo de Vite, a mostra visitará os centros socioculturais do Castiñeiriño (do 6 ao 28 de marzo); das Fontiñas (do 2 ao 8 de abril), do Ensanche (do 3 ao 16 de maio) e de Conxo, do 9 ao 30 de setembro.
O Ateneo de Santiago animará novamente aos usuarios dos centros e asistentes á exposición a que compartan as fotos que puideran ter de Santiago nas datas da exposición, continuando así o labor de recollida de arquivo fotográfico que poida completar esta singular mostra.
A exposición fotográfica "Compostela Única" chega ao Centro Sociocultural de Vite
04/02/2014 A exposición fotográfica Compostela Única, un retrato en imaxes anteriores a 1965, do Ateneo de Santiago, segue o seu percorrido polos centros socioculturais. Despois de pasar polo local da Rocha, onde estivo ata o 29 de xaneiro, a mostra chega ao Centro Sociocultural de Vite, no que estará aberta do 5 ao 26 de febreiro. Este mércores, ás 19:00 horas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitará a exposición e compartirá uns momentos cos veciños do barrio e representantes do Ateneo.
A exposición fotográfica, producida a iniciativa do Obradoiro Fotográfico do Ateneo de Santiago, amosa unha selección de fotografías captadas nas rúas de Compostela entre o nacemento da moderna fotografía, a mediados do século XIX, e 1965. A proposta parte do proxecto Compostela Única, no que participaron entidades, asociacións e persoas moi diversas. A contribución e a resposta da cidadanía ao chamamento do Ateneo de Santiago danos como resultado a oportunidade achegarnos á transformación da cidade e dos seus cidadáns a través deste traballo de memoria fotográfica.A exposición estivo xa en febreiro de 2013 no Pazo de Fonseca e, con este percorrido por seis dos centros socioculturais de Santiago, pretende achegarse aos barrios, lembrando unha vez máis a historia da cidade a través desta interesante mostra fotográfica composta por 28 paneis, un documento audiovisual e un libro-catálogo. Neste último inclúense, ademais das fotografías da exposición, textos sobre a cidade de autores como Salvador García-Bodaño, Xerardo Estévez, Anxo Tarrío, Encarna Otero, J.M. González Herrán, Manuel Fraga Carou e Xosé Ramón Pousa, entre outros.