DEPORTES

Primeira xornada en Santa Isabel do Campionato Galego de Grupos Show

01/02/2014 O Pavillón Municipal de Santa Isabel acolleu a primeira xornada do XIII Campionato Galego de Grupos Show. Este foi o día no que se desenvolveu a competición de cuartetos e de grupos pequenos. O domingo, vez para os grupos xuvenís e grandes.

Esta competición, organizada polo Club Deportivo Fontiñas coa colaboración do Concello de Santiago, reune 323 patinadoras e patinadores de 17 clubs galegos, dos cales dous son composteláns, o propio C.D. Fontiñas e o Club de Patinaxe Campus Stellae.

Compartir: