EXPOSICIÓN

Quinta edición da Exposición da Camelia no Centro Sociocultural da Rocha

01/02/2014 O Centro Sociocultural da Rocha Vella acolle unha nova edición da exposición dedicada á flor da Camelia os días 1 e 2 de febreiro. A mostra foi inaugurada nun acto ao que asistiron as concelleiras María Pardo e Amelia González.

Despois do acto inaugural actuou o grupo musical O Aquel de Aquelar. Para a tarde, ás 16:30 horas, estaba prevista unha visita guiada pola arqueóloga municipal Dolores Cerqueiro ao Castelo da Rocha. A exposición continuará o domingo 2 de febreiro, dende as 10:30 ata as 13:00 horas.

Este ano cúmprese a quinta edición desta atractiva exposición promovida pola Asociación Cultural Rocha Forte e apoiada novamente pola Concellería de Centros Socioculturais.

Compartir: