COMERCIO

Nova xornada de portas abertas na pista de xeo instalada na Alameda

31/01/2014 A pista de xeo instalada na Alameda continuará aberta ata o domingo 16 de febreiro. Ademais, ofreceranse novos días de portas abertas, o primeiro dos cales será o luns 3, de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

O prezo das entradas oscila entre os 4 euros da entrada para escolares ata os 10 euros da entrada xeral con patíns e sen límite de tempo. Os asistentes contan tamén con promocións coma a cartilla "Aquí tes 10 € para patinar", con descontos para os que máis patinen, e o bono "Non fagas colas" con 4 entradas sen límite de tempo e sen facer cola por 30 €.

Tamén hai un "Bono Familiar" que inclúe dúas entradas para adultos a 6,50 por persoa e pases a 4,50 para os máis cativos.

Reservas para visitas de centros escolares e grupos: teléfonos 881 897 790 e 699 811 705 e reservas@invernalia.com.

Compartir: