ALCALDÍA

Reunión do alcalde cos veciños das parroquias da Gracia e de Son

30/01/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a voceira do Goberno municipal, María Pardo, mantiveron unha reunión cos veciños da Gracia e de Son ao remate do Pleno ordinario.

Na xuntanza, o Goberno municipal trasladoulles aos veciños que, canto ao servizo de transpote urbano do polígono do Tambre e a súa contorna, dende finais do ano pasado estase a traballar no reforzo perimetral desta zona para aumentar as posibilidades de servizo dos usuarios. Estas decisións están sendo avaliadas polos distintos departamentos municipais para evitar calquera tipo de problema.
 
As viaxes da liña 1 por parte da operadora de transporte urbano foron eliminadas polo polígono do Tambre para dar cumprimento á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 2011.

Compartir: