ALCALDÍA

A Semana Santa 2014 terá unha procesión máis e colaboracións musicais

28/01/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu á Xunta de Confrarías, presidida por Salvador Forján. Na reunión abordouse a preparación da Semana Santa 2014, que terá un programa pechado xa á volta do Entroido.

Ángel Currás apuntou que a Semana Santa 2014 celebrarase do 11 ao 20 de abril. O programa contará con 17 procesións, unha máis que na edición anterior. Únese ao calendario a procesión da Oración do Horto, prevista para o martes santo ás 22:30 horas.

Anunciou tamén que o pregón desta edición será pronunciado polo Padre Rodríguez Carballo o 5 de abril na igrexa de San Francisco. Para esta xornada estase a ultimar tamén unha colaboración musical a cargo da Real Filharmonía de Galicia. Ademais, a Banda Municipal de Música acompañará algunha das procesións.

Compartir: