DEPORTES

Uns 180 tiradores daranse cita en Santiago no VIII Open Compos de esgrima

23/01/2014 O pavillón de Pontepedriña acollerá este sábado 25 e o domingo 26 o VIII Open Compos de esgrima, que comprenderá o Ranking Galego de Espada (absoluto e M-15)e o Ranking Nacional de Veteranos (espada e florete). A competición foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela, acompañado de Xosé Piñeiro e Jordi Acuña, presidente e monitor do club Compostela Esgrima, organizador do Open.

Preto de 180 tiradores procedentes de toda España participarán nesta oitava edición do Open. Entre eles, destaca a presenza de Álvaro Calderón. O Ranking Galego de Espada celebrarase nas categorías para menores de 15 anos e absoluto, tanto masculina como feminina. O Ranking Nacional de Veteranos realizarase tanto en espada como en florete, en categoría masculina e feminina.

O sábado 25 terá lugar pola mañá, a partir das 9:30 horas, a competición de espada masculina. Pola tarde, dende as 14:30 horas, celebrarase a proba feminina. As semifinais e final deste Ranking Galego de Espada realizaranse a partir das 19:00 horas. Tamén na xornada do sábado, a partir das 17:00 horas, competirán os participantes nas probas de florete masculino e feminino do Ranking Nacional de Veteranos.

O domingo 26, vez pola mañá, dende as 9:30 horas, para a espada masculina e feminina da competición de veteranos. A partir das 12:00 horas tamén se celebrarán as probas do Ranking Galego de Espada M-15.

Direcciones relacionadas



Compartir: