TURISMO

Tanabe e Santiago ultiman o programa de actos con motivo do Ano Dual España Xapón

20/01/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron unha delegación da cidade xaponesa de Tanabe. Neste encontro seguiuse a perfilar o programa de actividades que se realizará en Santiago nos meses de maio e xuño con motivo do Ano Dual España Xapón 2013-2014.

Está prevista a celebración de diversos eventos culturais -como actuacións musicais e representacións teatrais- exhibicións de artes marciais e actos promocionais. Ademais, realizarase unha plantación de cereixos nun tramo do Camiño.

Tanabe é o destino de referencia do Camiño de Kumano que, xunto co de Santiago, son as únicas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco. As dúas cidades levan anos colaborando na promoción conxunta destas rutas, pero este ano reforzouse a colaboración por dúas razóns: a celebración do devandito Ano Dual España Xapón, co que se conmemora a chegada a España da primeira delegación diplomática xaponesa a un país occidental en 1613, e a conexión de Santiago con Estambul de Turkish Airlines, que pode aumentar o fluxo entre ambos países.

A delegación xaponesa formábana, Takashi Nishida e Hiroyuki Tsui, do Goberno de Wakayama; o Sr. Akashima, do Concello de Tanabe; e Brad Towl, da Oficina de Turismos e Congresos de Tanabe. Exerceu de traductora a presidenta da Casa Galicia-Xapón, Megumi Shiozawa.

Compartir: