BENESTAR SOCIAL

Entrega de diplomas aos participantes no programa de emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago

15/01/2014 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á entrega de diplomas do Programa de Emprego e Inmigración de Cáritas Interparroquial de Santiago, no que participaron 165 persoas de colectivos de difícil inserción.

Os cursos centráronse nas seguintes materias: dependente/caixeiro de supermercado, camareira de piso, preparación para a obtención do permiso de conducir B, repoñedor de almacén e atención a persoas dependentes. O financiamento correu a cargo da Fundación Barrié e do Proxecto Integra-Rocha, financiado polo Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais.

Na entrega dos diplomas participaron tamén Mª Amparo González; directora xeral de Familia e Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar; Anuncio Mouriño Rañó, director diocesano de Cáritas; Amelia Pereira Menaut, directora de Cáritas Interparroquial de Santiago; Miguel Fernández Blanco, responsable do Programa de Emprego e Inmigración de Cáritas de Santiago.

Compartir: