CENTROS SOCIOCULTURAIS
A exposición estivo xa en febreiro de 2013 no Pazo de Fonseca e, con este percorrido por seis dos centros socioculturais de Santiago, pretende achegarse aos barrios, lembrando unha vez máis a historia da cidade a través desta interesante mostra fotográfica composta por 28 paneis, un documento audiovisual e un libro-catálogo. Neste último inclúense, ademais das fotografías da exposición, textos sobre a cidade de autores como Salvador García-Bodaño, Xerardo Estévez, Anxo Tarrío, Encarna Otero, J.M. González Herrán, Manuel Fraga Carou e Xosé Ramón Pousa, entre outros.
Os paneis fotográficos están agrupados en oito temas diferenciados: Compostela pedra a pedra; Universidade; Igrexa e Camiño de Santiago; Oficios, obradoiros e actividade comercial; Fotografías de autor; A sociedade compostelá; Deportes; e Festas e romarías.
O percorrido da exposición polos centros socioculturais comezará este venres, 17 de xaneiro, no Local Sociocultural da Rocha. Logo, a mostra visitará os centros socioculturais de Vite (do 5 ao 26 de febreiro); do Castiñeiriño (do 6 ao 28 de marzo); das Fontiñas (do 2 ao 8 de abril), do Ensanche (do 3 ao 16 de maio) e de Conxo, do 9 ao 30 de setembro.
Actividades paralelas
O Ateneo de Santiago animará novamente aos usuarios dos centros e asistentes á exposición a que compartan as fotos que puideran ter de Santiago nas datas da exposición, continuando así o labor de recollida de arquivo fotográfico que poida completar esta singular mostra.
O concelleiro de Centros Socioculturais agradeceu ao Ateneo a disposición deste importante traballo expositivo e dinamizador, que reforza a liña de traballo de divulgación e formación en torno á historia e a memoria da nosa cidade e das nosas xentes.
A inauguración e a presentación da exposición Compostela Única está prevista para as 20:00 horas do venres 17 de xaneiro no Local Sociocultural de A Rocha.
Os centros socioculturais acollen a exposición "Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965"
15/01/2014 A Concellería de Centros Socioculturais acollerá dende o 17 de xaneiro ata setembro de 2014 a exposición fotográfica Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965, producida polo Ateneo de Santiago. A mostra foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, acompañado por Manuel López Ribadulla, vicepresidente do Ateneo de Santiago, e Xosé Ramón Pousa, coordinador de actividades da asociación.
A mostra fotográfica, producida a iniciativa do Obradoiro Fotográfico do Ateneo de Santiago, amosa unha selección de fotografías captadas nas rúas de Compostela entre o nacemento da moderna fotografía, a mediados do século XIX, e 1965. A proposta parte do proxecto Compostela Única, no que participaron entidades, asociacións e persoas moi diversas. A contribución e a resposta da cidadanía ao chamamento do Ateneo de Santiago danos como resultado a oportunidade achegarnos á transformación da cidade e dos seus cidadáns a través deste traballo de memoria fotográfica.A exposición estivo xa en febreiro de 2013 no Pazo de Fonseca e, con este percorrido por seis dos centros socioculturais de Santiago, pretende achegarse aos barrios, lembrando unha vez máis a historia da cidade a través desta interesante mostra fotográfica composta por 28 paneis, un documento audiovisual e un libro-catálogo. Neste último inclúense, ademais das fotografías da exposición, textos sobre a cidade de autores como Salvador García-Bodaño, Xerardo Estévez, Anxo Tarrío, Encarna Otero, J.M. González Herrán, Manuel Fraga Carou e Xosé Ramón Pousa, entre outros.