ALCALDÍA

Unha exposición e un certame de escultura conmemorarán o 125º aniversario do nacemento de Francisco Asorey

14/01/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a reunión da Comisión do 125º aniversario do nacemento de Francisco Asorey (Cambados, 4 de marzo de 1889 – Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1961), na que se abordaron os actos previstos para conmemorar esta data neste 2014.

Segundo apuntou Ángel Currás, realizaranse diversas accións de difusión da obra e da traxectoria de Francisco Asorey, a quen definiu como o "referente da escultura de Galicia". Unha desas actividades será unha exposición, que poderá ser contemplada en Santiago –cidade da que é fillo adoptivo- e en Cambados, vila na que naceu. A mostra, probablemente, abrirase

Tamén se programou a convocatoria dun certame de escultura sobre a figura de Francisco Asorey. Os participantes poderán concursar en diferentes soportes e o premio para o gañador será de 1.500 euros.

O calendario definitivo de actos deste 125º aniversario será presentado proximamente. O alcalde confía en que outras institucións, como Deputacións ou Museos, se sumen a esta conmemoración.

Ademais de Ángel Currás, participaron na reunión o alcalde de Cambados, Luís Aragunde; o director do Museo Provincial de Pontevedra, Carlos Valle; o artista Manuel Paz e integrantes da Asociación Cultural Francisco Asorey e da familia do escultor.

Compartir: