CULTURA

A cantautora Paula Rojo inaugura a edición 2014 do ciclo Íntimo & Acústico

08/01/2014 Este sábado 11 xaneiro, ás 20:30 horas, no Salón Teatro, a cantautora asturiana Paula Rojo inaugura o ciclo Íntimo & Acústico na súa edición de 2014.

No seu novo traballo, Paula Rojo combina baladas convencionais con cancións nas que sobresaen arranxos tomados da música que ama, a mesma que practicaba Johnny Cash. Todo iso envolto nunha voz doce e moi xuvenil, a que corresponde aos seus 22 anos. A cantautora cativounos a todos na súa primeira actuación no talent show La Voz. Logo reafirmouse ante toda España co seu primeiro sinxelo, "Solo tú", que alcanzou o nº 1 de iTunes e mantívose mais de 20 semanas entre nas cancións máis descargadas en España.

Agora, Paula Rojo presenta o seu álbum debut, Érase un sueño, un traballo en clave musical country-pop, no que as 12 cancións son unha especie de diario de viaxe. No disco colaboraron músicos da talla de Ramón Arroio (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet ou Raúl Márquez ao violín. As mesturas correron a cargo de Felipe Guevara. Dende que se editou o álbum, estivo nos primeiros postos da lista de discos mais vendidos.

Di Paula Rojo que "Érase un sueño é un diario musical a través do cal comparto co público historias da miña vida. O repertorio tamén representa unha viaxe ao longo dos meus 22 anos e cada canción representa unha etapa que, á súa vez, esconde un soño: o soño de volver á infancia para gozar da liberdade de ser pícara; o soño de ver crecer a esa personiña tan importante para ti; o soño de tomar outro café con esa amiga que non ves desde fai meses; de volver a aquela tarde na que che namoras por primeira vez; o soño de manter un amor imposible de verán; de repetir ese primeiro ano de universidade na residencia de estudantes; o soño de atopar ao mozo perfecto; de percorrer o mundo con el; de volver bailar ao ritmo desa canción; o soño de cruzar o charco; de non separarte demasiado dos teus mellores amigos; de repetir esa viaxe a aquela cidade..."

Compartir: