CULTURA

Dúas figuras da lírica nacional clausuran o ciclo Todo Lírica cun programa de opereta

03/01/2014 A soprano Isabel Monar e o barítono José Antonio López ofrecerán un programa de opereta francesa e vienesa co que se clausurará o ciclo Todo Lírica. Será este sábado 4 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Pechan o ciclo Todo Lírica dúas figuras da lírica nacional e viva mostra da rica escola de canto valenciana, a soprano Isabel Monar e o barítono José Antonio López. Acompañados polo pianista Rubén Fernández Aguirre, centrarán o seu programa na Opereta francesa e vienesa, interpretando romances e dúos de compositores salientables do xénero como Lehar, Kálman, Messager, Straus ou Hahn. Como preámbulo, unha fermosa selección de panxoliñas populares vascas e de dúos de clásicos de compositores como Purcell, Saint Saëns, Fauré ou Schumann.

As entradas están a venda no Teatro Principal e entradasnovagaliciabanco.es cun prezo de 6 euros.

Compartir: