XUNTA DE GOBERNO
A proposta da concelleira de Comercio, deuse o visto bo ás bases e á convocatoria de subvencións ao comercio de proximidade para a reforma de locais de negocio e implantación de tecnoloxías da información e da comunicación (TICs) dentro do proxecto Urbana Santiago Norte. A convocatoria para 2014 ten un orzamento de 40.000 euros.
Na Xunta de Goberno extraordinaria tamén se aprobou unha suba do 1% das tarifas dos aparcadoiros municipais de Belvís e de Xoán XXIII. As tarifas da dársena de autobuses de Xoán XXIII non sofren variación.
Ademais, acordouse un reaxuste das tarifas do aparcadoiro de borde de Salgueiriños quedando como seguen: turismos, 1,50 €; autocaravanas, 3,50 €; autobuses, microbuses e camions, 5,50 euros; e.tarifa reducida autobuses, 2,50 €. Todos estes cambios foran aprobados previamente no Consello de Administración de TUSSA.
Finalmente, aprobouse o convenio entre o Concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela, polo que se lle outorgan a esta última 5.200 euros para as actividades que esta realizan, fundamentalmente en concepto de manutención.
A Rede de Centros Socioculturais programa máis de 400 accións e 26.000 horas de actividades para 2014
02/01/2014 A voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados na última sesión ordinaria, así como na extraordinaria celebrada o 30 de decembro. Entre os temas aprobados nesta última destacan a aprobación dos prezos públicos para as actividades dos centros socioculturais, das bases das subvencións ao comercio de proximidade do Urbana Santiago Norte e da actualización de tarifas en varios estacionamentos municipais.
A Xunta de Goberno aprobou a memoria e os prezos públicos das actividades a realizar nos centros socioculturais de xaneiro a decembro de 2014. A memoria recolle un orzamento para actividades de 150.000 euros. As programacións específicas de cada un dos 42 centros están xa dispoñibles nesta web municipal e na dos CSC, así como en cada centro sociocultural. En total serán máis de 400 accións distintas para todos os públicos, ás que se dedican unhas 26.528 horas de monitoraxe especializada.A proposta da concelleira de Comercio, deuse o visto bo ás bases e á convocatoria de subvencións ao comercio de proximidade para a reforma de locais de negocio e implantación de tecnoloxías da información e da comunicación (TICs) dentro do proxecto Urbana Santiago Norte. A convocatoria para 2014 ten un orzamento de 40.000 euros.