DEPORTES

Preto de 1.000 corredores participaron na I San Silvestre de Santiago

31/12/2013 Celebrouse a primeira edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que culminou dunha forma sa e festiva o ano atlético na cidade. A carreira saíu da avenida Antonio R. Ibáñez (Campus Vida) e finalizou na Porta dos Leóns da Alameda. Preto de 1.000 corredores participaron na carreira, gañada finalmente polo atleta compostelán Pedro Nimo.

Santiago de Compostela incorporouse así á tradición destas carreiras para rematar ao ano, como acontece con probas como a San Silvestre Vallecana (Madrid). Ademais, a elección do entorno quixo ser unha homenaxe a todos aqueles atletas que ao longo do ano adestran na Alameda e no Campus Vida.

A proba tivo dúas categorías: unha escolar, para os nados entre 1999 e 2002, e outra de adultos, para os nados antes de 1999. Todos partiron dende o Campus Vida nunha única saída para percorrer un circuíto dun pouco menos de cinco quilómetros. Houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Direcciones relacionadas



Compartir: