CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades de "Vive o Nadal"

23/12/2013 Este luns 23 de decembro celebrouse a primeira xornada do programa de tempo libre matinal Mañás de Nadal nos centros socioculturais de Conxo, Santa Marta, A Gracia e Figueiras, no que participan 82 rapaces, que gozarán dun variado programa de actividades durante as vacacións de Nadal.

Nesta mesma semana seguen as visitas dos paxes reais aos centros socioculturais de Bando (xoves 26 ás 18:30 horas); Castiñeiriño e Pontepredriña (venres 27 ás 17:30 e 18:30 horas, respectivamente); e Verdía, Marantes, Nemenzo, San Lourenzo, Lavacolla e Figueiras (sábado 28 ás 11:00, 11:30, 12:00, 17.30, 18:30 e 19:30 horas).

O Centro Sociocultural de Vite acolle o venres 27 un concerto para nenos e maiores, Concerto acústico do dúo Gulubú, con repertorio de entrañables e coñecidas cancións para os mais pequenos. Será ás 19:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Vite. A entrada é de balde ata completar aforo.

O sábado 28, ás 11:30 horas, no CSC de Santa Marta, malabares en familia con Yuma. E ás 19:00 horas, o musical Sorrisos e lágrimas a cargo de Ludmila Orlova. Sesión para todos os públicos con entrada de balde.

Ademais, están previstos espectáculos de maxia o venres 27, ás 18:30 horas, no CSC do Castiñeiriño, e o luns 30, ás 18:30 horas, no CSXM do Ensanche. Entrada de balde ata cubrir o aforo das salas.

Direcciones relacionadas



Compartir: