CENTROS SOCIOCULTURAIS

Curso sobre coidado de persoas maiores no Local Sociocultural da Gracia

23/12/2013 A Concellería de Centros Socioculturais organiza, en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, un curso dirixido a mellorar as habilidades dos coidadores de persoas maiores no fogar. As sesións formativas desenvolveranse no Local Sociocultural da Gracia os mércores 29 de xaneiro e 5, 12 e 19 de febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

O prazo para apuntarse ábrese o mércores 26 de decembro. Os interesados deben dirixirse ao propio Local Sociocultural da Gracia (rúa de San Silvestre, 6), de luns a venres, en horario de 18:00 a 21:00 horas. O curso é gratuíto.

Está previsto que nos meses de marzo e abril se organice un curso similar no Local Sociocultural de Villestro. Os participantes recibirán un diploma de asistencia ao curso.

Compartir: