CULTURA

Baobab Teatro representa "Babs", espectáculo para bebés

20/12/2013 Un día, Baobab Teatro soñou cun mundo visual, estético, musical e de bonitas palabras. Ese mundo é Babs e represéntase no Teatro Principal o luns 23, con funcións ás 17:00 e ás 18:00 horas.

Babs é un espectáculo para bebés onde Baobab Teatro puxo toda a súa creatividade, as súas ilusións e a súa experiencia, co obxectivo de que os pequenos poidan espertar os seus cinco sentidos e teñan as súas primeiras sensacións.

Babs é unha experiencia máxica para os bebés e familia, onde os máis pequenos da casa poderán gozar con divertidos e suaves personaxes, formas, cores e volumes diversos, nunha peza na que a tenrura é a protagonista.

A entrada ten un prezo de 5 euros, se ben pode adquirirse unha entrada familiar (4 x 3) ao prezo de 15 euros. Á venda na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado (máis os días de evento) de 18:00 a 21:00 horas.

Compartir: