CULTURA

Noite de soul con The Pepper Pots

19/12/2013 The Pepper Pots presentará We must fight na Sala Capitol este venres 20 ás 21:00 horas. Entradas á venda a 12 euros (anticipada) e 15 euros (billeteira) no Teatro Principal, Ticketea, Codetickets, A Reixa Tenda, Portobello (A Coruña) e Elepé (Vigo).

O grupo publicou o seu novo disco o 12 de novembro, logo de 10 anos e 6 discos, varias xira mundiais con paradas en Estados Unidos, Xapón, Inglaterra, Francia, Rusia ou Alemaña e colaboracións con algún dos artistas máis importantes da historia recente do soul (Binky Griptite, Eli "Paperboy" Reed) e pasado (The Impressions, Maxine Brown). Dez anos que serviron para madurar a súa idea da música soul old school ata conseguir o seu mellor traballo discográfico, un salto adiante polo que respecta ás letras e o son do grupo.

We must fight é un disco con moitos cambios. O máis evidente está nas voces, xa que por primeira vez na historia do grupo son dúas persoas, Adriana Prunell e Aya Sima, as que se encargan das voces, multiplicando o seu efecto emocional ao longo do disco ata cotas moi altas.

Compartir: