XUVENTUDE

Segundo dos concertos para grupos emerxentes de Compostela

19/12/2013 A Concellería de Xuventude con fin de visibilizar o traballo dos novos grupos de música da cidade, organizou dous concertos con catro grupos que ensaian nos Locais de Música para a Xuventude de Compostela.

O segundo concerto realizarase este venres 20 de decembro, ás 21:00 horas, na Sala Sonar, coa participación de Horta de Grelos e Crying Wolves.

Na primeira actuación, celebrada o 13 de decembro, os protagonistas foran Hellorice e Roberto Sobrado.

Compartir: