CENTROS SOCIOCULTURAIS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Últimas sesións de "Imos ao baile"

18/12/2013 Este sábado 21 de decembro celebraranse as dúas ultimas citas deste ano 2013 do programa Imos ao baile, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá.

As sesións serán nos centros socioculturais de Vite e de Santa Marta, coa actuación dos grupos Caché e Zeltia, respectivamente. Os bailes comezarán as 17:30 horas e a entrada é de balde ata cubrir o aforo das salas.

O programa remata un ano máis cunha excelente acollida do público. Foron 27 os bailes programados en distintos centros socioculturais, tanto urbanos como rurais, e tamén na Casa das Asociacións de Cornes. Gozaron destes bailes unhas 2.700 persoas.

Xa se está a preparar a nova edición de 2014 de Imos ao baile 2014, que comezará no mes de febreiro.

Compartir: