COMERCIO

O recinto feiral de Amio acolle un dos maiores parques de atraccións de Nadal do 21 de decembro ao 4 de xaneiro

18/12/2013 A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, presentou a segunda edición de Santiagolandia, un parque de atraccións de Nadal que estará instalado do 21 de decembro ao 4 de xaneiro no recinto feiral de Amio. O evento aumenta o número de días de apertura, coa previsión de superar os 10.000 visitantes de 2012.

O Concello de Santiago colabora un ano máis con Santiagolandia, evento impulsado por Organización Feiral Galega. O seu representante, Sindo Alonso, explicou que a entrada terá a un custo de 5 euros, manténdose o prezo de 2012. O horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. O parque non abrirá os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. Os días 24 e 31 de xaneiro, pechará ás 18:30 horas.

A oferta de Santiagolandia inclúe ludoteca, inchables, saltamontes, simuladores, coches de choque, minigolf, maquillaxe, globoflexia e diversos talleres, ademais doutras moitas atraccións.

O organizador do evento anunciou que, cara o futuro, tamén contempla a posibilidade de organizar no mesmo recinto feiral bailes de Entroido para nenos e adultos, ou un parque de atraccións semellante en Semana Santa.

Compartir: