ORZAMENTOS

A concelleira de Facenda anuncia un orzamento expansivo, social e máis inversor

18/12/2013 A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou que o orzamento municipal de 2014 estará listo para a súa aprobación inicial polo Pleno nos últimos días de decembro ou nos primeiros de xaneiro. As contas achegaranse no vindeiro exercicio aos 100 millóns de euros.

Segundo indicou Cecilia Sierra, este será un orzamento "expansivo", tras uns anos de "dificultades económicas". Estará marcado pola aposta "polos servizos sociais, polo mantemento dos servizos públicos e polo incremento do esforzo inversor". Tamén destacou a orientación que terán as contas municipais cara a "promoción económica, cultural e turística" da cidade, así como a aposta pola modernización da Administración.

Este será un orzamento "equilibrado" entre ingresos e gastos, dixo, de xeito que "non será necesario" presupostar superávits como os de exercicios anteriores. Do mesmo xeito, o esforzo realizado permitirá que este 2014 diminúa a partida que se teña que destinar á débeda.

Compartir: