CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO

Charlas da Policía Local para persoas maiores do rural compostelán

17/12/2013 A colaboración entre as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidada fixo posible a celebración de dúas charlas impartidas por axentes da Policía Local nos locais socioculturais de Marantes e de Figueiras. Levaban por título "Mira que te miren" e estaban dirixidas a persoas maiores, cunha orientación educativa para a prevención dos riscos que supón andar polas beirarrúas e beiravías en zonas rurais. Os concelleiros Francisco Noya e Luis Bello asistiron á sesión en Marantes.

Os axentes tentaron concienciar aos peóns do perigo de camiñar por zonas rurais sen tomar unha serie de precaucións. O obxectivo desta campaña é reducir o número de atropelos coincidindo cos meses mais vulnerables do ano, nos que hai menos luz.

Entre o outono e o inverno acumúlase o 61% dos falecementos por atropelo. A taxa de atropelo en Galicia é do 14%.

Compartir: