EDUCACIÓN

Regresaron os participantes no programa "Barcelona, Educa"

15/07/2006 Os rapaces e rapaces que participaron no programa "Barcelona, Educa" regresaron a Santiago tras pasar cinco días na Cidade Condal. Esta viaxe, organizada pola Concellaría de Educación quería ofrecer aos participantes un descubrimento global da cidade e espertarlles a curiosidade necesaria para coñecer e entender todos aqueles elementos e feitos que a caracterizan.

Grazas a "Barcelona, Educa", os mozos e mozas coñeceron os aspectos históricos, urbanísticos, arquitectónicos, sociais, políticos e funcionais da cidade. Baixo a supervisión dun animador, o programa incluía visitas a lugares coma o parque Güell, a Sagrada Familia, o casco antigo, a Cidadela, Montjuic ou a fachada marítima. Na xornada do mércores 12 de xullo os rapaces pasaron o día en Port Aventura.

Compartir: