ALCALDÍA

O alcalde agradece aos traballadores xubilados o seu traballo en prol da cidade

16/12/2013 Chegadas as datas do Nadal e de final do ano, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio son recibidos en Raxoi. Así aconteceu un ano máis nun acto celebrado no salón nobre, no que o alcalde e outros membros da Corporación lles entregaron unha placa en recoñecemento ao seu labor durante anos no Concello de Santiago.

Ángel Currás expresoulles aos traballadores a súa gratitude e a da cidade polo anos de servizo, contribuíndo ao seu desenvolvemento. Ademais, desexoulles unha feliz xubilación.

As dezaseis persoas que recibiron o recoñecemento municipal neste acto foron: Mª Teresa Martínez Gallego, Mª Carmen Montero Seoane, Verónica Castro Wagner (falecida), Enrique Paderne Ferreiro; Juan Vázquez Turnes, Guillermo Pérez Barredo; Rafael Arosa Souto, Jaime Iglesias Neira, Mª Concepción Currás Castro, María Mirás Bello, Pilar Sánchez Blanco, José Manuel Iglesias Villaverde, Manuel Enrique López Rey, Manuel Andrés García Otero, José García Otero (falecido) e María Soledad Domínguez Rodríguez.

Compartir: