DEPORTES

III Master de Campións de rally

14/12/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiu no Recinto Feiral de Amio ás primeiras mangas do III Master de Campións de rally.

Preto de 50 pilotos de Galicia e Portugal participan nesta proba, que xunta a súa espectacularidade coa solidariedade, xa que serve para recadar fondos para José Manuel Iglesias, neno de 8 anos aqueixado de disparesia espástica nivel 4, un tipo de parálise cerebral. Véndense rifas a un euro e, entre os compradores, realizarase un sorteo de artigos deportivos.

Na xornada do domingo haberá catro mangas, ás 10:00, 12:00, 14:00 e 16:00 horas. A continuación, entrega de premios aos gañadores.

Compartir: