XUVENTUDE

Primeiro dos concertos para grupos emerxentes de Compostela

12/12/2013 A Concellería de Xuventude con fin de visibilizar o traballo dos novos grupos de música da cidade, organiza dous concertos, nos que estarán presentes catro grupos que ensaian nos Locais de Música para a Xuventude de Compostela. O primeiro destes concertos celebrarase este venres, as 21:00 horas, na Sala Sonar, coa participación de Hellorice, gañadores do último MúsicaXove, e Roberto Sobrado.

O segundo concerto realizarase o venres 20 de decembro, no mesmo escenario e á mesma hora. Os protagonistas serán Horta de Grelos e Crying Wolves.

Compartir: