CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO

Charlas da Policía Local para persoas maiores do rural compostelán

12/12/2013 A colaboración entre as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidada fai posible que o martes 17 de decembro, nos locais socioculturais de Marantes e de Figueiras se desenvolvan dúas charlas impartidas por axentes da Policia Local. Levan por título "Mira que te miren" e están dirixidas a persoas maiores, cunha orientación educativa para a prevención dos riscos que supón andar polas beirarrúas e beiravías en zonas rurais.

Os axentes tentarán concienciar aos peóns do perigo de camiñar por zonas rurais sen tomar unha serie de precaucións. O obxectivo desta campaña é reducir o número de atropelos coincidindo cos meses mais vulnerables do ano, nos que hai menos luz.

Entre o outono e o inverno acumúlase o 61% dos falecementos por atropelo. A taxa de atropelo en Galicia é do 14%.

A charla no LSC de Marantes terá lugar ás 16:30 horas, mentres que a do LSC de Figueiras comezará ás 19:30 horas.

As entidades veciñais colaboran activamente na difusión destas charlas. Os concelleiros Francisco Noya e Luis Bello asistirán á sesión en Marantes.

Enderezos dos locais socioculturais:

Local Sociocultural de Marantes
Lugar de Cortos, s/n

Local Sociocultural de Figueiras
Antiga escola de Codesedas - rúa do Vencello 37.

Documentos relacionados



Compartir: