COMERCIO

Aberta a pista de xeo da Alameda

12/12/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto cos concelleiros de Comercio, Reyes Leis, e de Festas, Francisco Noya, inaugurou na Alameda a pista de xeo, que estará aberta ata o 2 de febreiro.

A pista de xeo da Alameda será un ano máis unha das propostas estrela da programación do Nadal. 500 metros cadrados de xeo que se agarda reciban máis de 17.000 visitas.

Durante os días lectivos funcionará en horario de mañá reservada a escolares e aberta ao público en horario de tarde. Durante o período de vacacións ampliará os seus horarios e incluirá, ademais, sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivos.

O prezo das entradas oscilará entre os 4 euros da entrada para escolares ata os 10 euros da entrada xeral con patíns e sen límite de tempo. Os asistentes contarán tamén con promocións coma a cartilla "Aquí tes 10 € para patinar", con descontos para os que máis patinen, e o bono "Non fagas colas" con 4 entradas sen límite de tempo e sen facer cola por 30 €.

Tamén haberá un "Bono Familiar" que inclúe dúas entradas para adultos a 6,50 por persoa e pases a 4,50 para os máis cativos.

Reservas para visitas de centros escolares e grupos: teléfonos 881 897 790 e 699 811 705 e reservas@invernalia.com.

Compartir: