EXPOSICIÓN

Aberta en Proxecto Home a exposición "Arte e solidariedade", con obras de Sylvie Lerat

11/12/2013 O concelleiro Luis Meijide participou na inauguración da sexta exposición Arte e solidariedade, organizada por Proxecto Home Galicia. A mostra permanecerá aberta ata o 7 de xaneiro no Centro de Proxecto Home en Santiago (Rúa Cottolengo, 2).

Nesta ocasión foi a artista Sylvie Lerat, destacada acuarelista francesa afincada en Galicia, quen cedeu 28 cadros para que a cantidade obtida da súa venda se destine integramente a reforzar o traballo que realiza o Proxecto Home nas catro provincias galegas.

Compartir: