RELACIÓNS VECIÑAIS

Xornada de votación para elixir os membros do Consello de Relacións Veciñais

10/12/2013 A Casa das Asociacións de Cornes acolleu a xornada de votacións para as eleccións de representantes veciñais ao Consello de Relación Veciñais, tal e como se recolle no calendario electoral.

Nesta convocatoria elixíronse catro veciños en representación das entidades veciñais do ámbito urbano. Optaban ao Consello Antonio Puga González - A.VV. Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre; Isolina Barreiro Pérez - A.VV. Guadalupe-Ponderosa; Ricardo de la Iglesia López - A.VV. Conxo Aberto; Mª Teresa Barral Ameigeiras - A.VV. Brañas de Andrés; Germán Hermida Noval - A.VV. Monte do Gozo; Xosé Martínez Otero - A.VV. Francisco Asorey; Alexandre Quiñoá Casteleiro - A.VV. de Pontepedriña; Juan José Álvarez Carril - A.VV. de Sar; e Alejandro Álvarez Castro - A.VV. Monde de Dios. Tamén se elixiron outros dous representantes da zona rural, neste caso optando por Isidoro Castaño Ballesteros - A.VV. de Angrois; Mª Jesús Chenel Blanco - A.VV. da Gracia; José Cebey Aldrey - A.VV. Coto da Nai; ou José M. Quintáns Couselo - A.VV. Nova Xeira de Figueiras.

A mesa contou con dúas urnas, unha para entidades veciñais do ámbito urbano e outra para as do rural, nas que exerceron o dereito a voto, polas entidades censadas, o/a presidente/a ou persoa da asociación en quen delegara.

Cada un destes representantes veciñais puido votar a un máximo de tres candidatos/as no caso de representantes do contorno urbano e un candidato/a no ámbito rural.

O proceso de eleccións finalizará o 16 de decembro coa proclamación definitiva dos representantes electos, que exercerán como tales durante catro anos.

Compartir: