FESTAS

Acendido o alumeado de Nadal tamén nas parroquias e en 12 barrios

09/12/2013 Todo o alumeado de Nadal xa está acendido. Tras poñerse en marcha o 6 de decembro no Casco Histórico e no Ensanche, durante esta fin de semana tamén quedou lista a iluminación dos barrios e parroquias.

O concelleiro de Festas, Francisco Noya, agradeceu á adxudicataria "a rapidez na instalación de todo o alumeado, así como o seu bo facer na montaxe". Ademais, indicou que, como novidade, a maiores do xa anunciado, tamén se colocou alumeado na rúa Nova de Abaixo, Ramón Cabanillas, Fernando III o Santo e Santiago de Chile (Ensanche) e en San Martiño Pinario (Casco Histórico). Estes puntos non figuraban no prego de condicións e incorporáronse como melloras.

Lembrou igualmente que o custo do alumeado de Nadal neste 2013 é "un 50% menor ao do ano 2009 e chega a moitas máis zonas do termo municipal, xa que alcanza todas as parroquias e doce barrios".

Compartir: