TURISMO

Catro frecuencias semanais do voo das 6:45 con Iberia Express conectarán Santiago con Madrid a partir do 30 de marzo

04/12/2013 Iberia Express conectará Santiago con Madrid con catro frecuencias semanais do voo das 6:45 na tempada de verán 2014, que abrangue dende o 30 de marzo ao 25 de outubro.

Esta novidade foi anunciada polo alcalde, Ángel Currás, e pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, despois das reunións que a semana pasada mantiveron con esta compañía. Ademais, continúan os encontros con outras compañías co obxecto de captar voos e avanzar noutras posibilidades de cara ó futuro. Concretamente, onte reuníronse coa compañía Vueling en Barcelona.

Estas catro frecuencias responden a unha tradicional demanda por parte do tecido económico da cidade, e serán luns, mércores, venres e sábado.

Documentos relacionados



Compartir: