OBRAS
A parroquia de San Xoán de Afora, no Romaño, ten en marcha obras por 79.793 euros, fundamentalmente de mellora do firme de varias rúas e de limpeza de cunetas. Así, estanse asfaltando a travesa de Vista Alegre, a rúa dos Cabalos, o camiño da Burata e un tramo da pista de Casal da Horta.
En Amio estanse realizando obras de mellora do firme da calzada, limpeza de cunetas e reposición de beirarrúas por importe de 55.667 euros. As actuacións afectan á pista de Pena María a Porto do Medio ás rúas da Mira, da Canteira de Abaixo e da Campiña e á avenida principal de San Lázaro.
En execución as obras de mellora nos barrios de Amio, O Viso e O Romaño
03/12/2013 O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, visitou os barrios de Amio, O Viso e O Romaño, onde o Concello está a executar diversas obras de mellora. O investimento nestes tres barrios suma 211.699 euros.
A actuación no Viso, por importe de 76.238 euros, permitirá a este barrio dispor ao fin dunha beirarrúa, paralela ás pistas de pádel de Sar. Ademais, asfaltouse a ribeira da ponte, substituíronse as canalizacións e repúxose firme de lousa en Viso de Arriba.A parroquia de San Xoán de Afora, no Romaño, ten en marcha obras por 79.793 euros, fundamentalmente de mellora do firme de varias rúas e de limpeza de cunetas. Así, estanse asfaltando a travesa de Vista Alegre, a rúa dos Cabalos, o camiño da Burata e un tramo da pista de Casal da Horta.