ALCALDÍA

A Asociación Cultural Francisco Asorey prepara os actos do 125º aniversario do nacemento do artista

29/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi coa presidenta da Asociación Cultural Francisco Asorey, María del Carmen Asorey; co seu vicepresidente, José Manuel Asorey, e co secretario da entidade, Vicente Pérez. Na xuntanza, a Asociación propúxolle ao alcalde a súa participación como membro da comisión creada para organizar os actos do 125º aniversario do nacemento do artista. Entre outras actividades, está prevista a realización dunha exposición durante o 2014 en Santiago e Cambados.

Tamén lle entregaron a Ángel Currás un catálogo en formato dixital das pezas que o escultor realizou en Santiago, para que se faga chegar ás bibliotecas e centros educativos da cidade. O catálogo foi realizado grazas a un convenio asinado entre a asociación e o Concello.

Por último, o vicepresidente da Asociación e fillo do escultor agradeceu a limpeza do monumento a San Francisco, obra de Asorey, realizada polo Consorcio de Santiago.

Compartir: